Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Así será a Festa do Banquete de Conxo | Programación completa e orixe da tradicional celebración compostelá

Os festexos darán comezo a tarde deste venres e se prolongarán sen pausa ata a noite do domingo

Un ano máis, os preparativos para celebrar a clásica Festa do Banquete de Conxo rematan e, con eles, só queda pendente culminar as expectativas dunha veciñanza desexosa de realización recreativa.

Na presente edición, ao igual que fixo coa Ascensión, o Concello amosou claros esforzos por deseñar unha programación desfrutable para todos os públicos.

Unha celebración conmemorativa

Cabe lembrar que se trata dunha festividade que conmemora a xuntanza que mantiveron estudantes liberais e traballadores da clase obreira no ano 1856 na carballeira do antigo mosteiro.

Nela participaron figuras como Eduardo Pondal e outras figuras fundamentais para o Rexurdimento da cultura galega.

Actividades para todos os públicos

As festas abrirán este venres ás 17.30 horas con ‘As voces do bosque', un percorrido literario da man de Quique Alvarellos no que se lembrarán a autores que escribiron sobre o bosque.

Ao rematar, terá lugar un scape room que ten como finalidade coñecer en familia os detalles do fito histórico que enaltece a celebración.

Xa o sábado organizaranse diferentes obradoiros e talleres divulgativos relacionados coa observación da natureza. 

Todos eles serán de mañá, e quedarán inaugurados desde as 09.30 horas.

A xornada rematará ás 21.00 horas coa Festa da Poesía que conducirá Lorena Conde na Praza de Aurelio Aguirre.

O domingo, día grande, procederase á lectura do pregón das festas a cargo de María Luísa López Otero ás 12.45 horas.

Ao seu remate, iniciarase o desfile e a recreación teatral do Banquete na carballeira do mosteiro, actividade nuclear á que sucederán outros espectáculos.

A festividade despedirase ata o ano que vén co concerto de O Sonoro Maxín ás 20.30 horas.

Programación completa por horas

A programación completa e por horas é a seguinte:

Venres 24 de maio

Sábado 25 de maio

Domingo 26 de maio

O tren da Festa do Banquete

Pola súa parte, o famoso tren das festas operará ao longo do sábado 25 e domingo 26 nos seguintes horarios:

Sábado 25 maio

· Parada Aurelio Aguirre [Parque da Alameda]

11.00, 12.00, 13.00, 17.00*, 18.00*, 19.00*, 20.00* hrs.

· Parada Luis Rodríguez Seoane [Rúa do Campo de Conxo]

Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que anterior.

· Parada Rosalía de Castro  [Praza de Martín Herrera]

11.30, 12.30, 13.30, 17.30*, 18.30*, 19.30*, 20.30 hrs.

· Parada Eduardo Pondal [Rúa da Carreira do Conde]

Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que a anterior.

Domingo 26 maio

· Parada Aurelio Aguirre [Parque da Alameda]

11.00*, 12.00*, 13.00*, 17.00, 18.00, 19.00 hrs.

· Parada Luis Rodríguez Seoane [Rúa do Campo de Conxo]

Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que anterior.

· Parada Rosalía de Castro  [Praza de Martín Herrera]

11.30*, 12.30*, 13.30*, 17.30, 18.30, 19.30 hrs.

· Parada Eduardo Pondal [Rúa da Carreira do Conde]

Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que a anterior.