O Concello activa subvencións de ata 18.000 euros para clubs federados composteláns
As entidades deportivas teñen desde mañá 15 días para presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica do Concello

O Concello de Santiago abre este sábado o prazo para solicitar as subvencións destinadas ao fomento do deporte federado, cun orzamento total de 330.000 euros. As axudas, aprobadas pola Xunta de Goberno local o pasado 30 de xuño e publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, buscan apoiar economicamente ás entidades deportivas locais que compiten en ligas oficiais autonómicas e nacionais.
Cada entidade poderá optar a unha contía máxima de 18.000 euros, e o prazo para presentar as solicitudes será de 15 días naturais, a través da sede electrónica municipal, mediante o formulario oficial CS006F, dispoñible no trámite “Solicitude de subvención”.
Quen pode acceder ás axudas?
As subvencións están dirixidas ás entidades deportivas que cumpran os seguintes requisitos:
Gastos que serán subvencionables
O período subvencionable abrangue desde o 1 de xaneiro ata o 20 de outubro de 2025 e cubrirá parcialmente gastos como: