Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Coñece a sede física de Diario Compostela

Diario Compostela dá un paso adiante coa súa sede física, situada en plena Rúa do Hórreo, unha das principais arterias da terra do Apóstolo.    A nova oficina convértese así no centro de operacións dun medio moderno, renovado e que ten como prioridade informar da actualidade compostelá con rigor e nunha linguaxe adaptada aos tempos que corren.  Dispor dunha sede céntrica é prioritario para poder manter o contacto co pulso da cidade e estar preto dos principais focos sociais, culturais e institucionais da capital galega.

Diario Compostela dá un paso adiante coa súa sede física, situada en plena Rúa do Hórreo, unha das principais arterias da terra do Apóstolo.

A nova oficina convértese así no centro de operacións dun medio moderno, renovado e que ten como prioridade informar da actualidade compostelá con rigor e nunha linguaxe adaptada aos tempos que corren.

Dispor dunha sede céntrica é prioritario para poder manter o contacto co pulso da cidade e estar preto dos principais focos sociais, culturais e institucionais da capital galega. Pero non só buscamos proximidade cos grandes entes, tamén coa veciñanza e as súas historias; un compromiso que fai deste xornal a opción informativa preferida de cada día máis picheleiros.

Así mesmo, convidamos  á cidadanía a facernos chegar as súas inquedanzas, preocupacións e temas de interese que merezan ser contados. Pódense poñer en contacto con nós a través do correo electrónico: diariocompostela@editoriallacapital.com ou en calquera das nosas redes sociais.