Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Diario Compostela fomenta o interese polo xornalismo cun novidoso concurso no CEIP Agro do Muíño de Ames

O responsable de Diario Compostela, Eladio Lois, estivo este martes no CEIP Agro do Muíño de Ames para compartir co alumnado o labor que se leva a cabo desde o xornal. Momento do faladoiro celebrado no centro educativo de Ames Ademais, coa idea de fomentar o interese polo xornalismo entre as novas xeracións, presentou a proposta dun concurso froito da colaboración co profesorado e a dirección do centro. En que consiste? Por grupos, o estudantado que participa na actividade enviará á nosa redacción unha nova relacionada coa actualidade compostelá.O equipo de Diario Compostela elixirá a que mellor se adapte aos criterios xornalísticos que foron explicados polo coordinador do medio no faladoiro.Despois de ser revisadas, publicaranse nesta mesma web firmadas polos estudantes gañadores. A nova gañadora será publicada o vindeiro día 5 de marzo. 

O responsable de Diario Compostela, Eladio Lois, estivo este martes no CEIP Agro do Muíño de Ames para compartir co alumnado o labor que se leva a cabo desde o xornal.

Ademais, coa idea de fomentar o interese polo xornalismo entre as novas xeracións, presentou a proposta dun concurso froito da colaboración co profesorado e a dirección do centro.

En que consiste?

A nova gañadora será publicada o vindeiro día 5 de marzo.