Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Os karatekas da Baña brillan no Campionato Galego celebrado en Santiago

Pola súa banda, Martina Barreiro, de Ordoeste, logrou un meritorio terceiro posto en kumite xuvenil feminino <36kg, demostrando o gran nivel da canteira local. Markel Villaverde Martina Barreiro O éxito destes deportistas non sería posible sen o traballo e apoio do seu adestrador, Nicolás Carnota, quen acompañou e preparou aos competidores. Os tres forman parte da Escuela de Karate Akai Ryu de Negreira, un club que continúa a consolidarse como referente na formación de novos talentos no mundo do karate en Galicia.

O karate da Baña está de noraboa. Os seus representantes acadaron excelentes resultados no Campionato Galego Infantil e Copa Cadete, celebrado este sábado, 8 de marzo, en Santiago de Compostela.

O gran protagonista da xornada foi Markel Villaverde, de Corneira, que se proclamou campión galego en kumite xuvenil masculino <54kg, subindo ao máis alto do podio. Pola súa banda, Martina Barreiro, de Ordoeste, logrou un meritorio terceiro posto en kumite xuvenil feminino <36kg, demostrando o gran nivel da canteira local.

O éxito destes deportistas non sería posible sen o traballo e apoio do seu adestrador, Nicolás Carnota, quen acompañou e preparou aos competidores.

Os tres forman parte da Escuela de Karate Akai Ryu de Negreira, un club que continúa a consolidarse como referente na formación de novos talentos no mundo do karate en Galicia.