A nova edición de Curtocircuíto presenta un programa de espectáculos marcados pola exploración
Os pases individuais para as proxeccións terán un prezo de catro euros, pero tamén haberá abonos para asistir ao conxunto.

O Festival de Cine Curtocircuíto presenta na súa vixésimo primeira edición unha programación musical cun cartel de espectáculos marcado pola vangarda e unha destacada nómina de artistas internacionais. As súas actuacións desenvolveranse entre o 3 e o 6 de outubro no Teatro Principal e na Sala Capitol. Con relación ás entradas, estas poñeranse á venda o vindeiro martes na web de Compostela Cultura. Os pases individuais para as proxeccións terán un prezo de catro euros, pero tamén haberá abonos para asistir ao conxunto. Neste caso, o prezo será de 20 euros.