Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

PP e PSOE critican o fracaso do Concello nas negociacións pola parcela do antigo Peleteiro

A oposición lamenta que o Goberno local non fose quen de chegar a un acordo mentres que a alcaldesa pide a implicación dos ministerios de Facenda e Vivenda para que medien na situación

Tal e como anunciou esta semana o Concello, a Sareb rexeitou todas as propostas relacionadas coa parcela do antigo Peleteiro que se formularon desde o Goberno local.

A este respecto, o voceiro do Partido Popular, Borja Verea, declarou que lle parece “inconcibible” que o BNG leve negociando “en secreto” durante meses coa entidade propietaria para que o resultado sexa “este fiasco”.

O voceiro da agrupación criticou a maneira de proceder, insistindo en que o que está a facer o Executivo local é botar as culpas aos demais.

Pola súa banda, o PSOE lembra que en 2023 toda a oposición bloqueou o proxecto socialista para rehabilitar a parcela. Por este motivo, agora piden responsabilidade tanto ao Bloque como a Compostela Aberta.

En canto ao bipartito, a rexedora municipal, Goretti Sanmartín, pide implicación aos ministerios de Vivenda e Facenda para que medie entre as partes.

Ademais, este xoves a alcaldesa manterá unha reunión coa Comisión Mixta Peleteiro para tratar o asunto con asociacións veciñais, comerciantes e agrupacións políticas.