Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Tecnoloxía galega para o mundo: o CiTIUS presenta 11 avances punteiros ante empresas e administracións

A xornada celebrarase este venres nas instalacións do centro e require inscrición previa antes do xoves ás 12.00 horas

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) volverá abrir as súas portas ao sector produtivo este venres, 4 de xullo, cunha nova edición de Inside the Lab, a xornada anual de transferencia de coñecemento que conecta a investigación do centro coa empresa, a administración e outras organizacións interesadas en proxectos de I+D, licenzas tecnolóxicas ou asociacións estratéxicas.

O evento terá lugar entre as 10.00 e as 14.00 horas nas propias instalacións do CiTIUS. A participación é de balde pero require inscrición previa antes das 12.00 horas do xoves 3 de xullo a través da web oficial do evento.

De intelixencia artificial á tradución automática: 11 demostradores e dúas spin-off

Nesta edición de Inside the Lab presentaranse 11 demostradores tecnolóxicos e 2 spin-off, que amosan o potencial da investigación realizada no centro para xerar valor aplicado en sectores tan diversos como a sanidade, a industria, o medio ambiente ou a cultura.

Entre os proxectos que se poderán coñecer en detalle están:

Un broche tecnolóxico e artístico

A xornada incluirá tamén unha experiencia inmersiva co proxecto Esencia, unha instalación dixital interactiva que visualiza o corpo humano como un campo enerxético dinámico, simulado mediante partículas que reaccionan segundo parámetros físicos en tempo real. Un peche artístico e tecnolóxico para unha cita que pretende consolidar pontes entre a investigación universitaria e o tecido produtivo galego e internacional.