Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

A veciñanza compostelá celebra esta semana a última gran festa popular do verán

Desde hoxe e ata o domingo, o barrio da rúa de Abaixo (actual rúa do Espírito Santo) acollerá multitude de actividades coa astronomía como temática común

Achegarse ao final do verán significa aproveitar cada verbena coma se fose a última. Son poucos os días que restan para o equinoccio de outono e, a Asociación Veciñal As Marías ten preparada toda unha programación festiva para que as persoas interesadas reciban a nova estación co mellor sabor de boca.

Aínda que o prato forte está reservado para a fin de semana, todo aquel que queira gozar desta tradicional celebración compostelá poderá facelo a partir de hoxe. Concretamente, ás 21.30 horas, cunha sesión divulgativa sobre astronomía para toda a familia.

A xornada de mañá está especialmente pensada para os cativos da casa, cun obradoiro de cabezudos ás 18.00 horas e unha sesión de cinema infantil tres horas despois. Xa o venres, comezan os días grandes da festa.

Tradición e diversión

O día 8 terá lugar a noite de música tradicional, que este ano contará coas actuacións de Pataghullos (22.00 horas), Bouba (23.00 horas) e Os Carunchos (á media noite).

Desde a mañá, o sábado propoñerá alboradas a cargo dos colectivos Devagarinho e As Ousadas de Sam Pedro. A planificación matinal continuará cunha volta ciclista polo barrio (que partirá ás 12.00 horas da Pastoriza) e o pregón de Xosé Manuel Penas, veciño e fundador da Sociedade Galega de Historia Natural. 

Coa clásica sesión vermú e o xantar popular como transición, organizarase un bingo e, para os nenos, colocaranse castelos inchables. Xa pola noite, a partir das 22.00 horas, o barrio das Marías bailará ao ritmo da música tradicional.

Tras un largo catálogo de actividades para todos os públicos, os afamados festexos santiagueses despediranse o domingo ás 13.00 horas co concerto da Banda de Música da Bandeira.