Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

O Concello de Padrón homenaxea a 8 das súas veciñas con motivo do Día da Muller

A iniciativa, promovida xunto co CIM Terras de Iria, recoñece a traxectoria de oito mulleres que marcaron a historia local

O Concello de Padrón, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, conmemora o Día Internacional da Muller co lanzamento de Rumorosas 2025, unha iniciativa que pon en valor a traxectoria e o legado de oito mulleres da vila que destacaron en diferentes ámbitos.

A exposición e os actos programados servirán para recoñecer o seu papel na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Nesta edición, Rumorosas 2025 rende homenaxe a María José Castro Froxán, Beatriz Vázquez Lorenzo, Elena Villaverde Sóñora, Isabel Oliveira, Martina López, Miriam Cortizo, Noa Vázquez e ao CIM Terras de Iria. Todas elas foron seleccionadas pola súa contribución ao progreso e á igualdade, promovendo os mesmos dereitos, recursos e oportunidades para mulleres e homes. Todas elas son mulleres loitadoras, emprendedoras, coidadoras e referentes que, dende diferentes ámbitos, construíron comunidade e abriron camiño para as novas xeracións.

As protagonistas de Rumorosas 2025