
Así será a Feira Cabalar de Padrón | Programación, horarios e actividades
Haberá tamén mencións para os exemplares mellor puntuados dentro do Cabalo Galego. Espectáculo ecuestre (13:00 horas)Ás 13:00 horas terá lugar un dos momentos máis agardados do día: un espectáculo ecuestre que incluirá: Doma de alta escolaDoma á vaqueiraRedeas longasDoma en liberdadeFantasías e coreografías con cabalosExhibición de diferentes razas como o Pura Raza Española, Lusitano, Shetland e o propio Cabalo Galego Esta parte da feira estará organizada coa colaboración da sección de doma de alta escola da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Unha feira con historia e futuroA Feira Cabalar da Pascua de Padrón non é só unha mostra do presente do sector equino en Galicia, senón tamén unha homenaxe viva á tradición gandeira do país.