Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Casa Xohana Torres

El ideal gallego

A Casa Xohana Torres reforza a súa programación e incorpora un servizo pioneiro de asesoramento LGBTI+

Redacción

Ata o de agora, a atención presencial na Casa Xohana Torres limitábase a dous días ao mes, pero coa nova xestión haberá unha cobertura diaria combinando atención presencial e remota, tanto por teléfono como por correo electrónico. “Culminamos así un proceso de licitación que permitirá que a Casa Xohana Torres conte cunha programación estable e unha atención regular, converténdoa nun equipamento esencial na área de igualdade do concello”, explicou Goretti Sanmartín. Novidades: asesoramento LGBTI+ e unha programación máis ambiciosaUnha das grandes incorporacións é a posta en marcha dun Servizo de Asesoramento LGBTI+, que ofrecerá acompañamento e orientación en materia de identidade de xénero, diversidade sexual e dereitos LGBTI. Para iso, o equipo incluirá atención psicolóxica e xurídica especializada, garantindo unha resposta integral ás persoas que acudan ao centro. A programación da Casa tamén se reforzará con actividades enfocadas á prevención da violencia machista, educación e saúde sexual, interseccionalidade e antirracismo, saúde mental e autocuidados.