Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Folga

El ideal gallego

Ilunion Lavanderías de Santiago convoca catro xornadas de folga en demanda dun convenio digno

Redacción

O comité de Ilunion Lavanderías de Santiago de Compostela anunciou este martes en rolda de prensa a convocatoria de catro xornadas de folga en resposta á falta de avances na negociación do convenio colectivo e ante a negativa da empresa a mellorar as condicións laborais e salariais do persoal.  Roberto Alonso, da CIG-Servizos de Compostela, explicou que o persoal desta empresa (do grupo Once e que se dedica á lavandería industrial) está regulado polo convenio provincial de lavanderías e tinturerías da Coruña, que está sen actualizar dende o ano 2012. No seu momento, para o centro de traballo do Polígono do Tambre xa se negociara un convenio propio, que non está en vigor por non axustarse á lexislación actual.