Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Goberno local

El ideal gallego

O BNG fai balance de dous anos de goberno centrado nas persoas, a igualdade e a sustentabilidade

Martín Campos

Ao tempo, púxose en marcha unha nova vaga de políticas e proxectos municipais que marcarán o futuro da cidade, como o Plan de Accesibilidade, o Plan de Saúde Mental ou a nova política de vivenda.  Principais avances en políticas públicasEntre os logros salientados polo BNG nestes dous anos figuran a creación de novas axudas ao alugueiro para mocidade e persoas maiores, o lanzamento das primeiras axudas á creación cultural, a posta en marcha do Consello Municipal de Saúde, a convocatoria das primeiras subvencións para a igualdade e contra as violencias machistas, e o investimento en espazos públicos como a nova área de lecer de Salgueiriños, o campo da Eiriña ou os campos de fútbol de San Lázaro. Nova etapa para a cultura e as festasA alcaldesa tamén puxo en valor o cambio de modelo de festas e cultura, coa recuperación da programación do Auditorio de Galicia, a aposta polos festivais consolidados, a celebración de eventos musicais descentralizados e o novo impulso ás Letras Galegas.