
A Xunta conmemora en Santiago o Día Internacional contra o Acoso Escolar
“Galicia aborda o acoso escolar a través da Estratexia galega de convivencia escolar 2025, dotada con 5,5M€, no que se integra o Plan integral contra o acoso e o ciberacoso ou a formación específica para o profesorado”, detallou. Ademais, fixo fincapé na boa acollida nos centros dos puntos laranxas contra o acoso escolar, instalados no pasado curso que funcionan como unha caixa de correo -física e virtual- a través da cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, de maneira anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros. Román Rodríguez recordou tamén que o Goberno galego creará este ano unha rede de concellos contra o acoso escolar para intensificar o traballo ante este tipo de situacións, tal e como avanzou o presidente Alfonso Rueda no Debate sobre política xeral. V Macroenquisa de diagnoseNo marco desta estratexia integral, o conselleiro anunciou tamén o lanzamento o vindeiro luns da V Macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, o maior estudo bianual que se fai en Galicia nesta materia, e que supuxo na súa última edición (en 2023) o procesamento de 43 millóns de datos de máis de 172.000 enquisas.