
Padrón e Compostela celebran a súa irmandade
Os vínculos que unen ámbolos pobos son moitos, dende os económicos, ata os culturais ou os relixiosos. Anxo Arca volveu recordar que Padrón é o berce da tradición xacobea dende que os discípulos do Apóstolo trouxeron o seu corpo ata Iria Flavia antes de trasladalo a Compostela.