Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Manuel Beiras

El ideal gallego

Tres empresas compostelás reciben os premios Manuel Beiras

Redacción

Así o entende a IA e moitas empresas que o empregan de xeito habitual na súa comunicación. O xurado dos Premios Manuel Beiras estivo formado este ano por Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago, que o presidiu; Manuel Rial Amado, da Cámara de Santiago de Compostela; Gregorio Ferreiro Fente, da Secretaría Xeral de Lingua; Ernesto Xosé González Seoane, da Universidade de Santiago de Compostela; Xaquín Loredo Gutiérrez, do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega; Ainoha Apestegui Beriain, en nome do Colexio de Xornalistas de Galicia; Miguel López Crespo, da Unión de Consumidores de Galicia; Juan Soriano Barceló, de Entrelampo, Premio Manuel Beiras á nova incorporación ao uso do galego 2023; Ramón Salgado Fuentes, de Limpezas Salgado, Premio Manuel Beiras ao uso continuado da lingua 2023; e Xurxo López González, de ENova-Enerxía, Premio Manuel Beiras á innovación no uso da lingua galega 2023. O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio colaboran desde o ano 2000 para lanzar unha convocatoria anual dos Premios Manuel Beiras, dedicados a recoñecer e poñer en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación coa lembranza dun comerciante compostelán comprometido con Galicia, a cultura e a lingua galega.