
Os alcaldes de Rois e Dodro reúnense co Xerente da Área Sanitaria de Santiago ante a inquedanza da veciñanza pola futura xubilación do pediatra
Os alcaldes de Dodro, Xabier Castro, e Rois, Ramón Tojo, reuníronse este xoves co xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio, ante a preocupación da veciñanza pola futura xubilación do pediatra que atende a estes dous concellos.A reunión fora solicitada polos rexedores e no transcurso da mesma o Xerente informoulles das xestións que está a levar a cabo a dirección da área sanitaria compostelá para atopar un pediatra que manteña a atención sanitaria. No encontro, no que tamén estivo o director de procesos asistenciais da área sanitaria, Javier Ventosa, púxose de manifesto as enormes dificultades que atravesa a sanidade pública española para atopar pediatras en atención primaria.