Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Servizos

El ideal gallego

Santiago activa o protocolo de intervención ante neve

Redacción

Este mecanismo permite asegurar unha resposta rápida e eficaz no caso de que sexa necesario actuar para garantir a seguridade nas estradas e vías públicas. O protocolo inclúe a distribución de sal nos puntos máis críticos da cidade e nas vías con maior circulación para previr posibles conxelacións que poidan dificultar o tráfico rodado e peonil.  Dende o Concello explican en que se trata dunha medida preventiva, especialmente ante o descenso acusado das temperaturas que se espera nas próximas xornadas. O equipo de emerxencias municipal está preparado para intervir no momento en que se detecten acumulacións de xeo ou neve que poidan supoñer un risco para a poboación.