
A profesora da USC Patrocinio Marrondo, elixida a muller más influente de España no eido da Veterinaria
A súa elección supón un novo fito na visibilización do talento feminino no eido científico e universitario. Segundo destacou a organización, o recoñecemento responde ao feito de ser “unha das mulleres máis relevantes do sistema universitario español”, e pola súa dedicación continuada á formación de novas xeracións na área das ciencias veterinarias e biolóxicas. O premio será entregado nunha gala que se celebrará no marco da cuarta edición dos Premios Saúde Animal e Veterinaria de España. Unha traxectoria de referencia no ámbito universitario e científicoLicenciada en Veterinaria e Ciencias Biolóxicas, e diplomada polo Colexio Europeo de Parasitoloxía Veterinaria, Patrocinio Morrondo ocupa actualmente a cátedra de Sanidade Animal na USC. Pero o seu compromiso coa calidade e o rigor científico vai moito máis alá das aulas. Foi presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) durante varios mandatos, ademais de avaliadora da Axencia Nacional de Avaliación e Acreditación (ANECA), e revisora en publicacións científicas de alto impacto. En 2019, foi elixida membro do Comité Asesor sobre Infraestruturas Únicas (CAIS) do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación do Ministerio de Ciencia.