
O Centro Sociocultural de Vite acolle a mostra "A arte de Palillar" da artesá Ana Rosa Lista
Desde o 11 ata o 31 de marzo, todas as persoas interesadas poderán achegarse ao Centro Sociocultural de Vite para visitar "A arte de Palillar", unha mostra de encaixe de palillos da artesá amiense Ana Rosa Lista. Esta será a primeira vez que a artista expón en Santiago, grazas á colaboración do CEIP de Vite e o propio centro sociocultural.