
Santiago estrea novos bolardos intelixentes
O edil lembrou que, antes da activación do sistema, "o departamento de Tráfico afrontou o proceso de renovación das tarxetas de acceso, nunha actualización das autorizacións que non se levara a cabo nos últimos vinte anos, desde a entrada en vigor da peonalización da zona histórica, en 1993". Onde se sitúan Os bolardos intelixentes están instalados nas rúas de Casas Reais, Algalia de Abaixo, Cardeal Payá e Porta da Pena, todos eles en sentido entrada; en San Fins e San Francisco, tanto en sentido entrada como en sentido saída; e na Algalia de Arriba en sentido saída.